sábado, 22 de janeiro de 2011

Liberdade para Miguel, XA!!


Miguel Nicolás Aparício é un xoven traballador vigués afiliado á CUT que está preso no cárcere da Lama acusado de ter participado en sabotaxes contra o INEM.

Actualmente, despois da súa detención o15 de decembro, segue secuestrado no cárcere da Lama baixo falsas acusacións. A estas alturas, nin el, nin o seu avogado saben cales son. E mais que sospeitoso que aínda continúe o segredo do sumario, cando xa pasou tempo mais que suficiente  dende a súa detención. Está claro, seguen co segredo do sumario porque non teñen nin unha soia proba para mantelo no cárcere.

En Miguel queren escarmentar a toda a xuventude galega, o sistema quere unha xuventude submisa, alienada, que non pense por se mesma; e todo aquel e toda aquela que saia do seu curral, pau. Agora foi Miguel, mañá podes ser ti ou calquera persoa que loite polos seus dereitos laborais ou nacionais.

O sistema capitalista non permite oposición real, para poder aplicar con facilidade as súas reformas laborais impunemente: os recortes salariais, o incremento da idade de xubilación, rebaixar as pensión. Queren que a crise a paguemos nós e non escatiman medios nin forzas para nos asoballar.

Miguel destacou nas folgas do metal por estar en primeira fila, este é o seu verdadeiro delicto e non outro. Houbo mais obreiros e obreiras reprimidas por destacar na loita, uns foron despedidos e despedidas, outros e outras teñen vedada a entrada nos asteleiros, ou foron recluídos e recluídas en pequenos talleres, para evitar o contacto cos seus compañeiros e compañeiras.

Quen coñecemos a Miguel sabemos da sua desenvOltura, gustaba tirarlle do aire a xente, é un xoven extrovertido e alegre pero tamén sabemos da súa xenerosidade, da súa solidariedade e do seu sentido da xustiza.
É unha persoa sensible, coma non pode ser doutra forma en alguén que lle guste e ame a música.

E agora, un sistema de alma oscura, corrupto, sen escrúpulos, que se sostén gracias a  represión o ten preso, vilipendiado e amordazado. Nós non queremos un sistema así, por iso loitamos contra este estado de cousas e gritamos con todas as nosas forzas: LIBERDADE PARA MIGUEL.

TODOS/AS O CALVARIO O DIA 1 DE FEBREIRO ÁS 20 H. CONCENTRACION DIANTE DO MERCADO

DOMINGO 13 DE DE FEBREIRO 13 HORAS
CONCENTRACIÓN DIANTE DA CADEA DA LAMA


Nº DE CONTA SOLIDARIEDADE ECONOMICA: 2080-0079-90-0040012553

Nenhum comentário:

Postar um comentário